
Asegura que hai malestar veciñal ante a futura conexión peonil entre río Inxerto e a avenida da Solaina
03 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Ante o proxecto de conexión entre río Inxerto e a avenida da Solaina, que inclúe a peonalización dunha pequena parte deste barrio, o PSOE pide a convocatoria dun pleno extraordinario en Narón. Os socialistas indican que «veciños e comerciantes da zona expresaron a súa profunda preocupación pola eliminación de máis de cen prazas de aparcamento sen alternativas viables».
O Concello xa indicou, cando as críticas procedían do PP, que «é falso que se eliminen 100 prazas».
Segundo o PSOE, a iniciativa de convocar un pleno conta co apoio do PP «e tómase ante o importante malestar veciñal xurdido tras a reunión informativa do pasado 26 de xuño».