O Concello pontés obtén 88.200 euros para un proxecto de turismo mineiro

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

CESAR TOIMIL

Recibe financiamento do Ministerio de Industria para pór en valor o patrimonio industrial asociado ao carbón

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Ministerio de Industria publicou a listaxe de solicitudes que obteñen financiamento na proposta de resolución provisional de concesión das axudas ao programa Experiencias Turismo España na convocatoria do 2023.

Entre as iniciativas que obterán subvencións públicas atópase o proxecto Turismo mineiro-industrial do carbón. Rede de Territorios de Transición Xusta. Nel participa o Concello das Pontes, que recibirá unha subvención de 88.200 euros, dos 126.000 solicitados, segundo figura na resolución provisional.

O proxecto conta cunha achega de 682.500 euros, provenientes de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e está formado por seis entidades de todo o territorio nacional. Ademais do Concello das Pontes, está a empresa Hunosa e as deputacións de Córdoba, León e Teruel, coordinado pola Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN).

O obxectivo deste proxecto é a posta en valor do patrimonio mineiro-industrial asociado ao carbón das zonas de transición xusta para que sirva como base para a creación dunha experiencia turística innovadora e sostible.