Os disfraces máis creativos e divertidos desfilan polas Pontes

Carla Elías Martínez
Carla Elías FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Hoxe continúa a festa do entroido en Fene e Ares

14 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A festa non para e a diversión do entroido e as comparsas tomou onte os municipios de Pontedeume e As Pontes.

A vila dos Andrade vive a resaca de festexar o entroido cunha festa dirixida aos máis pequenos ademais de gozar, cantar e bailar co humor das comparsas. Percorreron onte o centro urbano para actuar na carpa instalada fronte ao Concello.

As Pontes, pola súa banda, repartiu 7.000 euros en premios entre os seus veciños máis artísticos e bromistas. E é que o sol luciu para acompañar a súa Cabalgata de Entroido, na que desfilaron todo tipo de criaturas e creacións, desde unha manda de leóns exhibindo que son os reis da selva ata unha carreira de carafio pasando por unha exhibición pictórica andante. Desfilaron polo centro do municipio ante centos dos seus veciños para animar o martes de entroido.

Que toca o resto da semana? Fene é un dos municipios que vive o entroido con maior intensidade. O seu día grande, o mércores de cinza, arrincará coa concentración das comparsas no Círculo de Perlío (17.30 horas) para percorrer o municipio ata o Concello, onde actuarán e haberá un espectáculo pirotécnico. En Ares está prevista esta tarde unha festa infantil na praza do Palco da Música.

Tamén queda aínda fol na urbe naval. O entroido ferrolán rematará o venres 16 na praza de Ultramar coa celebración do popular Enterro dá Sardiña. A xornada arrincará cunha festa infantil (17 horas).