O entroido sobe as pulsaciones e alaga a comarca de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

O desfile de comparsas de Narón, o punto álxido do sábado

11 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde Ferrol a Ortigueira, pasando por todos os municipios da comarca, o entroido xa vai tomando corpo, sobe pulsaciones e enfila os seus días grandes. Por pór só algúns exemplos, en Neda o venres pola noite xa se gozou do festival de comparsas no pavillón Ale de Paz. A mesma noite, en San Sadurniño, houbo unha cea chea de diversión á que acudiron máis dun centenar de persoas disfrazadas.

E Narón foi onte o punto álxido do entroido 2024 na comarca, cun desfile vespertino de comparsas ata a pista polideportiva da Solaina, onde houbo festival baixo carpa.

Feira do Grelo nas Pontes

E hoxe nas Pontes terá lugar unha nova edición da Feira do Grelo. O Concello, organizador do evento, destaca que se trata «dunha cita gastronómica a través da que se busca poñer en valor un dos produtos mais emblemáticos da gastronomía local». Non falta de nada en Ferrolterra.