Ortigueira anuncia en Fitur que o Festival Celta volverá durar oito días, do 9 ao 16 de xullo

LA VOZ ORTIGUEIRA

FERROL

JOSE PARDO

O Conclelo presentará a programación o día 25 de febreiro, no Teatro de Beneficencia

23 ene 2023 . Actualizado á 16:13 h.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, agardou á Feira Internacional de Turismo (Fitur) para confirmar o que xa se intuía, que o Festival Internacional do Mundo Celta volverá durar oito días, «un formato que o achega máis aos festivais máis importantes do panorama musical mundial», segundo a organización. Ata 2019 (en 2020 e en 2021 non se celebrou pola pandemia) discorría de xoves a domingo; e este ano, a edición desenvolverase do 9 ao 16 de xullo.

A diferenza do que ocorría antes do covid, os representantes municipais en Fitur non deron a coñecer o programa do Mundo Celta na presentación, limitándose a dicir que «atraerá aos grupos de referencia» da música celta, «con especial atención, como en 2022, aos grupos galegos e os novos valores da música tradicional galega».

O 25 de febreiro no Teatro

Os festivaleros deberán agardar ata o 25 de febreiro para coñecer os primeiros nomes das bandas que se subirán ao escenario da Alameda este ano, nun acto no Teatro de Beneficencia. Tamén se dará a coñecer o cartel anunciador desta edición do Festival de Ortigueira.