Debate sobre a «pandemia silenciosa» do amianto en Ou Inferniño

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Organizado por Agavida, o encontro reuniu a Rafael Pillado, Carlos Piñeiro e Antón Losada

15 sep 2022 . Actualizado á 11:24 h.

En colaboración con Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, a asociación Agavida celebrou onte unha mesa de debate e informativa sobre os danos que provoca o amianto baixo o título A pandemia silenciosa. No encontro participaron o analista político Antón Losada, o médico Carlos Piñeiro e o histórico sindicalista Rafael Pillado, vicepresidente de Agavida, quen fai poucos meses anunciou que padece un mesotelioma provocado pola súa exposición ao amianto nos estaleiros ferroláns.