O Carvalho Calero acolle esta tarde un debate sobre os danos que provoca o amianto

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

Intervirán Antón Losada, profesor da USC e analista político; Carlos Piñeiro, médico experto en afeccións do amianto; e Rafael Pillado vicepresidente da Asociación Galega de Vítimas do Amianto

14 sep 2022 . Actualizado á 10:50 h.

O vindeiro martes 20 de setembro celebrarase o xuízo pola reclamación de Rafael Pillado, vicepresidente da Asociación Galega de Vítimas do Amianto, contra Navantia pola súa exposición durante décadas ao amianto. «Pillado é un máis dos milleiros de persoas que, na nosa contorna, están afectadas polo uso indiscriminado deste axente letal que reclama a intervención decidida das autoridades no apoio das vítimas e as súas familias», explica Agavida. Por iso, en colaboración coas entidades Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán organiza esta tarde o debate Alerta amianto, a pandemia silenciosa.

Antón Losada, profesor da USC e analista político; Carlos Piñeiro, médico experto en afeccións do amianto; e o propio Pillado, serán os protagonistas da xornada. Intervirán no Carvalho Calero ás 19.00 horas.