A Macana visita o Jofre coa súa nova proposta de danza: «Pink Unicorns»

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

cedida

O espetcáculo poderase ver no teatro ferrolán este venres, coas entradas a catro euros

14 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A compaña de danza contemporánea A Macana regresa aos escenarios galegos este mes de abril. E a súa primeira parada será no teatro Jofre de Ferro, onde este venres presentará o seu novo espectáculo de danza contemporánea, Pink Unicorns, que tamén levará nos próximos días a Vigo e Ames.

Segundo explican desde a compaña, Pink Unicorns é «unha creación enérxica, tenra e divertida, de gran potencia física, que establece un belo diálogo intergeneracional a través do corpo, para falar das relacións e as diferentes etapas da vida».

A peza aborda o reto de sacar a escena a un pai e o seu fillo; o primeiro, un experimentado bailarín de traxectoria internacional; o segundo, un adolescente creativo e atlético. Pink Unicorns foi creada ao alimón polos coreógrafos e bailaríns Caterina Varela e Alexis Fernández, directores da Macana, xunto ao coreógrafo francoargelino afincado en Alemaña Samir Akika.

As entradas pódense adquirir xa ao prezo de 4 euros no despacho de billetes do teatro Jofre, onde a capacidade se limitou a 120 persoas polo covid.