Alumnos das Telleiras imparten un taller de educación viaria

La Voz NARÓN

FERROL

CESAR TOIMIL

Os asistentes recibirán de agasallo un chaleco reflector

17 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Alumnos do IES As Telleiras exercerán hoxe de mestres nun taller de seguridade viaria, que terá lugar na Fundación Trasancos, e no que participarán maiores e nenos do Val. Os rapaces falarán sobre medidas de seguridade ao camiñar. A súa intervención completarase coa dos integrantes do equipo de Educación viaria do Concello. Os asistentes recibirán información sobre condutas a aplicar como peóns e condutores e, recibirán de agasallo un chaleco reflector para dar visibilidade aos peóns.