
Usuarios reportan nas redes fallos de subministración en diferentes localidades. O 112 recibiu chamadas de cidadáns atrapados en ascensores
28 abr 2025 . Actualizado á 12:57 h.Apagamento xeral en España. Pouco despois das 12.30 en diferentes puntos do territorio estatal empezou a fallar a subministración eléctrica. E nas redes sociais usuarios empezaron a reportar incidencias coa luz, e tamén cos servizos de telefonía. Descoñécense as causas polo momento.
O apagamento afecta a todo o territorio galego, segundo informan desde as diferentes delegacións de La Voz de Galicia. E tamén hai comunicacións de incidencias en Portugal e outros países como Francia.
A actividade empresarial e comercial foise seriamente afectada pola interrupción do servizo. O 112 recibiu chamadas de cidadáns atrapados en ascensores. Os semáforos deixaron de funcionar en case todo o territorio.
En Galicia manteñen certa normalidade os recintos con xeradores de electricidade, como a sede central da Xunta en San Caetano ou a CRTVG.
Noticia en proceso de ampliación