As ITV galegas incorporan dúas novas unidades móbiles para inspeccionar vehículos agrarios

La Voz REDACCIÓN

ECONOMÍA

SyC Applus

Xa hai cinco estaciones itinerantes para que os tractores non se teñan que desprazar máis de dez quilómetros para a inspección técnica

11 mares 2024 . Actualizado ás 17:24 h.

SyC Applus, concesionaria das ITV galegas, incorporou dúas novas unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos de uso agrícola, que empezaron a operar o pasado día 4 e que amplían a cinco o número de estacións móbiles dispoñibles na comunidade para revisar tractores e outra maquinaria do campo.

Con estas dúas novas incorporacións, as ITV galegas dispoñen xa de 11 estacións móbiles, que ademais de vehículos agrícolas revisan tamén os lixeiros (furgonetas, camionetas..) e ciclomotores. Estas estacións móbiles percorren gran parte da comunidade durante todo o ano para achegar o servizo a todos os puntos de Galicia. «Deste xeito, ningún vehículo lixeiro ten que desprazarse máis de 25 quilómetros para realizar a inspección. No caso dos vehículos agrícolas esta distancia redúcese a 10 quilómetros», explica a empresa.

A concesionaria informa que de durante o ano pasado máis de 117.000 vehículos pasaron polas estacións móbiles para realizar unha primeira inspección, dos cales case o 70 % eran agrícolas ou dedicados a obras e servizos, ás que se suman unhas 17.000 segundas inspeccións. Deste xeito, destacan, «evitáronse longos desprazamentos a máis de 134.000 vehículos polas vías públicas», contribuíndo á seguridade viaria.