Rueda e o presidente do Sabadell analizan a situación da economía galega

La Voz REDACCIÓN

ECONOMÍA

El presidente de la Xunta, entre Oliu (a la izquierda) y Junceda (a la derecha)
O presidente da Xunta, entre Oliu (á esquerda) e Junceda (á dereita) Cedida

No encontro destacaron a implicación do banco coa comunidade e a súa positiva evolución

05 mar 2024 . Actualizado á 18:37 h.

O presidente en funcións da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse este martes en Santiago co presidente do Banco Sabadell, Josep Oliu, que acudiu acompañado polo director xeral adxunto desta entidade financeira e director xeral do Sabadell Gallego, Pablo Junceda.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, ao encontro ha tamén se sumou o conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcioness, Miguel Corgos.

No transcurso da reunión, o mandatario galego —que está pendente de ser investido de novo presidente tras revalidar a maioría absoluta nos comicios do pasado 18 de febreiro— e os executivos da entidade financeira analizaron a situación e as perspectivas da economía en Galicia.

Do mesmo xeito, abordaron tamén a colaboración entre a Xunta e o que é cuarto grupo bancario español, con 61 oficinas na comunidade, onde opera como Sabadell Gallego e emprega a máis de medio milleiro de persoas. Tras o encontro con Rueda, Oliu desprazouse á Coruña, onde presidiu a reunión do Consello Consultivo do Sabadell Gallego, segundo informou o banco.