Cruces celebrará do 8 ao 11 de agosto as festas da Piedade

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

06 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

As festas da Piedade de Vila de Cruces celebraranse do 8 ao 11 de agosto, co programa de actos xa pechado pola comisión organizadora. A primeira xornada destaca a cea de penas, chupinazo e verbena co dúo Punto Zero e DJ PD´S Alive. O día 9 o grupo Vai Nela de Salgueiros fará o pasacalles, con misa ás 12.00, XVIII Rali de Carretillas ás 17.30, concerto da Unión Musical de Ponte Ledesma ás 20.30 e concerto tributo a Joaquín Sabina coA Penúltima Sabinera e disco móbil con Karamelo.

O día 10, a Artística de Merza realizará o pasacalles e dará un concerto tras a misa. Ás 19.30 actuará Punteirolo e Metrópoles estará na verbena. E o 11, misa solemne ás 13.00 e actuación de Odaiko e o grupo Kubo desde as 18.30.