Regueifas e cantos compartidos na residencia de Cruces

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Cedida

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Os maiores da residencia de Vila de Cruces recibiron a visita dos alumnos de primeiro da ESO do Marco do Camballón. Unha xornada que gozaron intercambiando regueifas, cantares e na que uns e outros se chegaron a arrincar nuns pasos de bailes. Os estudantes agradeceron ás traballadoras a súa hospitalidade e aos maiores a súa implicación contando, cantando e aturuxando. Foi para todos un día de festa que se acompañou coa degustación dun chocolate con churros. Por outra banda, onte maiores do centro de día de Silleda fóronse de excursión a Oseira.