Cen anos de Adolfo Vila en Larazo

La Voz

VILA DE CRUCES

Cedida

17 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Adolfo Vila González soprou as velas do seu 100 aniversario e sumouse ao selecto club de centenarios de Vila de Cruces. Veciño de Larazo, traballou de carteiro, e reside coa súa muller, Flora Asorey, de 94 anos e un dos seus dous fillos e a familia de leste. A familiares e amigos sumouse a visita do alcalde, Luis Taboada, que o acompañou para soprar as velas e agradecía á familia poder compartir con eles un momento tan especial. Desexámoslle moitos anos gozando cos seus.