A nova regueifa galega tivo protagonismo en Vila de Cruces

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

José Ramón Moire

24 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

A pasado venres pola noite o auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces acolleu o Regueifa Tour, nunha xira que mostrou os nova regueifa adolescente que nace en Galicia. Máis de vinte novas regueifeiras participaron na festa cruceña, nun variado programa presentado por Nuria Penas e Lorena Medela. Un dos momentos máis espectaculares foi o atranque de Xenerais da Ulla, improvisando entre o exército popular galego e o francés de Napoleón, lembrando a batalla de Ponte Ledesma.

No encontro en Vila de Cruces participaron a Escola de Regueifa de Carballo, a Brindadora do Courel, Tegra Veiga, a Escola Semente e unha representación tanto das regueifeiras do instituto Pintor Colmeiro de Silleda como do IES Marco co Camballón cruceño, que foron anfitrioas estas últimas desta festa da poesía cantada e improvisada.

Na cita houbo unha homenaxe a Xosé Casal Sueiro, músico e profesor falecido a finais do século XX. Foi o compositor do himno de Vila de Cruces, con letra de Xosé Neira Vilas, e figura popular a través do seu personaxe televisivo Atilano, que apareceu coa súa trompeta nun xogo de karaoke. Como actuación especial estivo a charanga Os KokaKola, do IES cruceño.