Cruces acolle hoxe unha charla e coloquio sobre violencia de xénero

La Voz

VILA DE CRUCES

22 sep 2020 . Actualizado ás 22:44 h.

O auditorio municipal Xosé Casal de Vila de Cruces acollerá hoxe mércores, día 23, unha charla e posterior coloquio baixo o lema Violencia de xénero, unha realidade oculta. Será a partir das 20.00 horas, organizada por Mulleres en Igualdade de Vigo e o Concello. Hai asistencia libre ata cubrir a capacidade e medidas de seguridade ante o coronavirus.