Silleda e A Estrada participarán no plan «Adestra a túa saúde»

n.g / R. R. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

23 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Galicia e 23 concellos máis entre os que se atopan A Estrada e Silleda, uníronse para acordar o plan Adestra a túa saúde, mediante o cal prescriben actividade física para aqueles maiores de 60 anos. Onte os conselleiros de Presidencia, Diego Calvo e o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, reuníronse cos representantes dos concellos participantes.

Segundo sinalou Diego Calvo, o encontro serviu para avanzar na implantación do plan e informar sobre os novos fondos que serán destinados ós municipios. O plan contaba cunha financiación inicial de 442.3000 euros de fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Como novidade, o plan integrouse na rede coordinada de promotores de la actividade física nas zonas rurais, impulsada por el Consello Superior de Deportes. Isto permite dispoñer a maiores dunha dotación de 246.000 euros, o que permite repartir 10.000 euros por concello para promover a xestión de recursos e programas básicos de promoción da actividade física, así como para a mellora de espazos deportivos.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño sinalou a necesidade de protexer a saúde da poboación, sendo a prevención unha das prioridades, e agradeceu a implicación da Consellería de Presidencia neste plan.