Un pastor australiano asturiano, vencedor a exposición canina internacional en Silleda

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

O segundo posto foi para un can de Pazos de Borbén

02 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O pastor australiano Once In a Lifetime da Noval erixiuse Campión da 51 edición da Exposición Internacional Canina e a 114 Exposición Nacional Canina que se celebrou no recinto de Silleda. Este exemplar tamén foi o Best in Show de ambas as exposicións. Pertence a María Sonsoles Hevia, de Asturias. O segundo posto foi para o can chinés cristado Casino Royale of Cayocarpo, de Isabel Sousa, o Pazos de Borbén e o terceiro foi para o mastín español Elegante de Arandano, de Isaías Perandones, de León.

O premio á mellor presentadora xuvenil foi para Valeria López coa súa schnauzer xigante e Claudia García foi elixida a mellor presentadora infantil coa súa caniche xigante branca. Quedaron en Galicia os premios ao mellor cachorro que foi o akita americano De Kaner's Kuro to Shiro Za-Sen, de Constantino Zaera e David Iglesias da Coruña e o título de Mellor Mozo para o american staffordshire terrier Karballido Staffs Jerónimo de José Ignacio Andrés de Pontevedra.