
Mostraranse novos produtos, tratamentos e tendencias de beleza
08 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.A menos dun mes para a apertura dunha nova edición do certame multisectorial Semana Verde que se celebrará do 5 ao 8 de xuño no recinto feiral de Silleda, a organización ultima algunhas novidades. Unha delas será a estrea dun novo salón, o Intermax Beauty Show dedicado ao sector da beleza e a estética. Neste espazo propio mostraranse e descubrirán novos produtos, tratamentos , técnicas e tendencias do sector.
Este súmase a outros certames paralelos á Semana Verde xa tradicionais como son o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), o Salón Turístico de Galicia (Turexpo), a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e a Feira de Caza, Pesca e Natureza (Fecap). Todos eles, apuntan desde a organización, contarán coa participación de novas empresas e entidades , así como a presentación de innovadores produtos que acaban de saír ao mercado.
Por décimo cuarto ano consecutivo a entrada ás actividades que conforman a Semana Verde será gratuíta. Soamente pagarase o aparcadoiro cun módico prezo.
O programa desta edición número 47 da xa está definido e volverá caracterizarse, indican desde a organización, cunha gran cantidade e diversidade de actividades. Un ano máis se inclúen iniciativas orientadas especialmente a profesionais xunto con outras destinadas ao público en xeral mantendo ningunhas que gozan de grande éxito e engadindo outras novas.