0003_202404D26C2993
0003_202404D26C2993

Silleda destaca á directora de NXP, Clara Otero, na súa campaña de igualdade

d. c. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

cedida

26 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Silleda destacou a figura de Clara Otero Pérez, senior director na empresa NXP, unha das maiores firmas de semiconductores que deseña e produce chips para o mundo da automoción, a industria e a telefonía. Fíxoo no marco do programa de igualdade (IN)visibles: doce meses, doce mulleres, que conmemora o Día internacional das nenas nas TIC.

Licenciada en Física pola USC, comezou a traballar no laboratorio de investigación Phillips, en Holanda. De investigadora, a silledense pasou a ser xefa de laboratorio de innovación de sistemas de NXP. É membro da xunta directiva Women In NXP, loitando pola diversidade e inclusión no mundo empresarial.