Silleda suspende a poxa de becerros de recría do día 30

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O día 30 non se celebrará na Central Agropecuaria de Galicia de Silleda a poxa de becerros de recría, pero si a de cebados e vacas. Na xornada de onte rexistráronse vendas por valor de 166.000 euros de 455 becerros de recría, a un prezo medio de 364,84 euros. A poxa de vacas acadou un volume de negocio de 377.714 euros con 210 reses adxudicadas a un prezo medio de 1.798,64 euros,, aos que se sumou a venda de 65 becerros carniceiros por un montante de 68.309 euros e que acadaron un prezo medio de 1.050,91 euros por animal. Baixaron un euro os lechones, 0,020 os ovos L e 0,040 os M e S.