O Concello de Silleda cede o uso dun local á Escuadra silledense

La Voz

SILLEDA

cedida

24 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa Paula Fernández Pena, a concelleira de Deporte, Mónica González, e o presidente da Escuadra Silleda, Juan Pablo Cajide, asinaron un conveciño de cesión do uso dun dos despachos dispoñibles no centro social de Silleda. Ambas as entidades continúan, desta forma, colaborando de cara á estrea da escuadra que leva meses traballando na organización do primeiro Rallisprint Concello de Silleda que se disputará o 18 de maio. A reunión de onte serviu tamén para avanzar na organización deste evento que se presentou o pasado día 14.