Silleda programa unha excursión a Estremadura do 2 ao 6 de xuño

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

23 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O departamento municipal de Benestar programa unha excursión en autobús a Estremadura para principios de xuño a través do programa Silleda Activa. Terá lugar do 2 ao 6 de xuño e incluirá visitas a Badaxoz, Cáceres, Mérida, Zafra e Almendralejo, entre outros lugares de interese.

O prazo de inscrición ábrese mañá día 24 no Concello e finaliza o 3 de maio. O prezo é de 620 euros por persoa, incluído o autobús durante todo o percorrido, catro noites nun hotel de catro estrelas, pensión completa e guías, así como as entradas ao circo e o teatro romano de Mérida.