Pechado o parque infantil da Bandeira polas obras de demolición dunha vivenda

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

23 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Silleda pechou onte o acceso ao parque infantil da Bandeira por motivos de seguridade ante a realización de traballos de demolición nunha vivenda contigua, situada en plena praza. Os últimos días iniciáronse xa as obras de derriba e a retirada de elementos internos da construción. A edificación foi adquirida fai uns meses polo Concello e a súa derriba permitirá, din, ampliar o espazo para o goce dos veciños.

Está previsto que a demolición da estrutura da vivenda leve a cabo ao longo desta semana. Unha vez derrubada, o Concello levará a cano a ampliación deste espazo infantil incrementando a superficie da zona de xogo nuns 140 metros cadrados. Neste novo espazo colocaranse novos elementos de xogo e unha zona deportiva.

A iniciativa inclúese nun proxecto de mellora da mobilidade peonil cun investimento superior a 800.000 euros.