O programa Espazos para as familias seguirá en Silleda

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

No curso 2024-2025 continuará en Silleda o programa Espazos para as familias que promove a asociación socioeducativa Antonio Gandoy xunto ao Concello. Trátase dun programa de atención a nenos de cero a seis anos, que xa vén funcionando con reunións semanais no centro social. Nunha reunión entre representantes municipais e da entidade acordouse estreitar a colaboración a través de Servizos Sociais.