O forte vento e a choiva provocaron a caída de árbores na zona que cortaron viarias

La Voz LALÍN, A Estrada / LA VOZ

SILLEDA

Cedida

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O forte vento e as choivas intensas provocaron un regueiro de incidencias na zona, especialmente ao longo da tarde. En Bermés do Fondo, en Lalín, caeron varias árbores que se desprenderon de raíz causando danos nun peche, deixando o tendido eléctrico polo chan e un poste da luz torto. Ata alí se desprazaron os Bombeiros do parque intercomarcal que se encargaron de retirar as árbores que obstaculizaban o paso desde primeira hora da tarde. Os Bombeiros tamén apagaron un incendio na cheminea dunha casa unifamiliar na parroquia de Sesto, en Agolada e retiraron no Castro, en Silleda, unha rama dun carballo caído que cortaba a metade do viario. A instancias da Policía Local de Silleda, quitaron un cartel publicitario que estaba na rúa Emilio Paz e un eucalipto que caeu partido en dous sobre a estrada en Abades.

Na Estrada, Emerxencias cortou dous piñeiros que obstaculizaban calzadas en Codeseda e Terreboredo. O vento desprendeu parte dunha chapa nun tellado da rúa Castelao.