Recreación inmersiva da vida medieval en Mosteiro de Carboeiro o 29

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

miguel souto

26 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Baixo o título de Porto do Bois: unha experiencia de historia ao vivo, este próximo venres, día 29, as persoas que queiran poderán participar nun evento inmersivo que terá lugar no Mosteiro de Carboeiro organizado por Aldán López Dacosta en colaboración coa agrupación Suevia Recriaçom, un dos gañadores do certame Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña. Desenvolverase de 11.00 a 19.00 horas e os que o desexen poderán formar parte desta recreación e vivirán unha experiencia dramatizada a modo de slice of life do ano 1371 en Galicia, sendo recrutadas para o exército dos Castros e recibindo a súa primeira instrución militar medieval.

 Esta iniciativa interactiva busca reconstruír a vida en Galicia no medievo, na véspera da batalla de Porto do Bois, que tivo lugar no ano 1371. No Mosteiro de Carboeiro situaranse diferentes sets que recrearán actividades da historia medieval con escenas de carácter lúdico e divulgativo e impartirase unha clase de esgrima histórica na que pode participar o público. Gravarase toda durante esta xornada para despois con ese material realizar un vídeo documental.