Silleda consigna 67.800 euros ás subvencións nominativas deste exercicio

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

10 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Silleda destinará este ano 67.800 euros a subvencións de carácter nominativo. A contía e os destinatarios xa se aprobaron no último pleno de forma provisional, abríndose desde hoxe un prazo de quince días de exposición pública do expediente para que os interesados poidan presenta posibles reclamacións, como recollía este venres o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Respecto das contías, 20.000 euros corresponden ao convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afapo), mentres que o subscrito co piloto Christian Costoya ascende a 10.000. A festexos e bandas de música irán 37.800 euros, con 20.000 para a Municipal de Silleda e 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira.

As celebracións festivas gastronómicas recibirán cada unha delas 400 euros: Rosquilla de Abades, Callos de Ansemil, Raxo de Graba , Paella de Cortegada, Castaña en Breixa, Lacón en Silleda e Vacún ao Espeto en Moalde.