A feira Sedexpo terá terceira edición en Silleda en marzo do próximo ano

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

09 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A terceira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo) terá lugar no recinto de Semana Verde en Silleda do 26 ao 28 de marzo do 2025. As datas fixáronse onte nun encontro con representantes de empresas do sector, xunto ao xerente da Axega, Marcos Araújo, e representantes da fundación feiral.

Desta forma adiántase no calendario, xa que no 2023 foi a finais de novembro. Unha edición onde se creceu un 4,5 % en superficie e un 29 % en presenza de empresas estranxeiras. A reunión permitiu planificar distintos aspectos organizativos.