Laro, Vexa e Rodeiro logran pasar de rolda en Cópaa Deputación

La Voz LALÍN, A Estrada / LA VOZ

SILLEDA

Miguel souto

07 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Laro, Vexa e Rodeiro conseguían o seu pase aos dezaseisavos de final de Cópaa Deputación. O conxunto silledense lograba imporse na noite do martes por 6-1 ao Bandeira no campo de Agro Novo mentres que onte o cadro estradense vencía por 0-14 ao Vilatuxe en San Lorenzo. Para rematar, o equipo cambote vencía por 3-0 ao Silleda no seu estadio da Raña. Resta agora só por disputarse un último partido desta primeira fase da competición provincial, que medirá o 23 de decembro en Pardiñeiro ao Berres co Lamela.

Cópaa Deputación retomarase despois en febreiro con varios enfrontamentos xa fixados. O Lalín entra xa en liza no campo do Cobres, mentres o Laro visitará ao Dorrón. Tamén a domicilio xogará o EFB Terra de Montes ante o Cruceiro ou o Cruces fronte á Ponte Arnelas. Nestes dezaseisavos de final o SP Estrada terá como rival a domicilio ao Marcón Atlético, mentres o Agolada se enfrontará fóra de casa ao Marín e o mesmo fará o Rodeiro co Monteporreiro. Queda saber se Berres ou Lamela completan a representación da zona nesa fase.