Retencións na N-525 en Chapa por un accidente

La Voz

SILLEDA

A circulación estivo detida en ambos os sentidos cara ás 19 horas durante máis de 10 minutos ata retirar o vehículo accidentado

19 abr 2019 . Actualizado ás 19:32 h.

A estrada N-525 rexistrou hoxe venres retencións de tráfico á altura de Chapa, no municipio de Silleda. Foron algo máis de 10 minutos coa circulación detida en ambos os sentidos, ao redor das 19 horas, para retirar un vehículo que impactara contra os valos de protección da calzada. Pese ao pouco tempo empregado para a retirada do coche, a circulación que rexistraba a N-525 fixo que se formasen longas colas en cada un dos sentidos de circulación. Efectivos de Tráfico e Policía Local de Silleda acudiron ata o lugar do accidente.