14 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Este sábado a Diputación de Pontevedra leva a Rodeiro o circuito +Escénicas co espectáculo «Falemos como galegas», a cargo de Migallas Teatro. Trátase dunha actuación pertencente á segunda edición dunha iniciativa que apoia a programación de teatro e danza en municipios de menos de 20.000 habitantes, para a que achegan un presuposto de 195.00 euros, uns 45.000 máis que na pasada convocatoria.
Deste xeito, «Falemos como galegas», trátase dun espectáculo humorístico interactivo que trata cuestións relativas á lingua galega como tópicos e prexuízos sobre esta. Representarase na Praza da Fonte ás 21.00 horas.