Rodeiro, Agolada e Dozón piden á Xunta un taller de emprego de 20 prazas

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

Cedida

23 mares 2024 . Actualizado ás 13:37 h.

Na casa consistorial de Rodeiro rubricouse onte o convenio deste Concello xunto aos de Agolada e Dozón para solicitar á Xunta financiamento para o taller de emprego Terras de Camba I. Contaría con dous módulos, con dez alumnos en cada un deles, destinados á área forestal e á albanelería. Tería unha duración de nove meses, con xornada de oito horas diarias.

A axuda solicitada á Xunta para desenvolver este programa formativo e de traballo é de 411.928 euros. Non é a primeira vez que estes concellos se agrupan para activar un taller de emprego. O último foi Freixo II, cunha liña similar de traballo á da primeira edición. Tiña similares características ao tramitado agora, tamén con dous módulos formativos para a súa vintena de alumnos.

Nas conversacións mantidas polos tres alcaldes para organizar o taller de emprego conxunto acordouse que cada ano lidere un Concello, comezando por Rodeiro, que foi quen cursou a solicitude de financiamento á Xunta. No módulo forestal prevense rozas en rutas de sendeirismo, parques e xardíns, mentres co de albanelería restauraranse locais sociais, fontes e pintar o palco de música.