Rodeiro oferta campamento e actividades de lecer estas festas

La Voz LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

22 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

En Rodeiro houbo onte visita do Apalpador ao colexio e hoxe comezará o campamento de Nadal, dentro da programación para esas festas. O sábado proxectarase cine no centro cultural e o 30 repetirase con outra película, ademais de celebrarse unha actividade de escapismo no pavillón municipal.

O día 5 será a cabalgata de Reyes, cuxa chegada se emitirá pola páxina de Facebook do Concello. Haberá chocolate con churros e concerto, ademais de xogos e actividades a partir das 17.00 horas. Desde o Concello anímase a asociacións a colaborar decorando e aos nenos a ser paxes.