
Celso Fernández Sanmartín e Benxamín Otero entregaron onte o Loureiro de Ouro do Foro para Cultivos Culturais de Lalín a Milagros Álvarez Reboredo (Milagros do Ghueveiro). Como motivos para este recoñecemento recóllese na acta, firmada por Otero, Fernández Sanmartín, Mario Pereira e Xoán Carlos Porral, unha larga lista de méritos.
Entre elles os de ser campiona de fútbolín, alegría do vrau, o outono, o inverno é a primavera «coidadora de persoas impedidas, humorista universal, curandeira da vellez triste, inspiradora da paz, colaboradora estupenda, sabia monumental e salvadora do mundo, conversadora optimista ou envolvedora de caramelos..
Uns atributos a os que engaden a súa «risa sentida, gusto dos abrazos, sorte do encontro» ou o feito de que sexa «inspiración para quen quere cantar».
A agrupación promove este recoñecemento por décimo quinto ano consecutivo dedicado a persoas individuais ou colectivos que pola súa traxectoria persoal, profesional, cultural e veciñal, se fan exemplo de concordia e progreso social.
Requisitos
Entre os requisitos apuntan. «a quen no noso sentir, ten mérito social». Con este premio pretenden recoñecer «labores máis ben caladas que anunciadas, das que nos enteramos a base de convivencia, pero labores constantes, non flores dun día». Se recoñecen labores socialmente útiles, o carácter alegre, participativo e de convivencia, ás persoas dialogantes, reflexivas e apaixoadas, así como a persoas ilusionantes e ilusionables.
Unha distinción, apuntan, «a quen admiramos e non a quen quere ser admirado», gabando o inconformismo construtivo. Aínda que non se fixo público ata o de agora, o loureiro foi outorgado polo colectivo o pasado día 2, festividade de San Agrícola e San Próspero.