16 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O Concello de Lalín publicou onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases e as axudas directas para financiar a obtención do carné de conducir por parte dos mozos. A estas axudas, o Concello destina unha partida de 10.000 euros. Os beneficiarios teñen que ter cumpridos os 18 anos e non superar os 25 no momento da solicitude, estar empadroados en Lalín e obter o carné entre o 1 de setembro do 2024 e o 31 de agosto deste ano. O máximo da axuda é de 300 euros.