O paro descendeu en maio en 59 persoas nas dúas comarcas

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Miguel Souto

A maior caída produciuse en Lalín con 38 desempregados menos

04 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O paro descendeu en 59 persoas no mes de maio nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de montes, segundo os datos recolleitos pola Consellería de Emprego. Ao peche dese mes contabilizábanse na zona 2.151 desempregados, 1.307 deles en Deza e os 844 restantes en Tabeirós. Por concellos, o maior descenso produciuse en Lalín que restou á lista a 38 persoas pasando de 829 a 791 persoas en busca de traballo.

En Silleda, en cambio, a conta incrementouse en 9 persoas quedando en 261. Son 23 parados en Dozón, catro menos que o mes anterior e 69 en Agolada, onde se produciu un descenso na lista do paro de cinco persoas. En Rodeiro son 35, os desempregados do municipio, tres menos que en abril e 128 en Vila de Cruzamentos, con catro menos.

Polo que respecta a Tabeirós, A Estrada pechou maio con 721 parados, tres menos que en abril. Son 87 en Forcarei (-2) e 35 en Cerdedo, onde se produciu un descenso no último mes de 9 desempregados. Os datos corresponden só a Cerdedo que na estatística continúa aparecendo como entidade independente sen ter en conta a súa fusión con Cotobade.

Por sectores, o de servizos continúa copando o groso do paro con 1.401 persoas sen traballo: 810 en Deza e 591 en Tabeirós. Séguelle moi de lonxe a Industria con 287, 192 deles en Deza e os 95 restantes en Tabeirós. A pesar de a falta de obra na construción, as listas do paro reflicten a existencia de 162 desempregados nese sector: 87 en Deza e 75 en Tabeirós. A cifra máis baixa de parados corresponde á agricultura con 111, 77 en Deza e 34 en Tabeirós. Dentro da relación inclúense 189 persoas en busca do seu primeiro traballo. Destas son 141 en Deza e 48 en Tabeirós.

As mulleres continúan tendo máis dificultades para atopar un emprego. Son 1.299 paradas: 806 na comarca de Deza e 488 en Tabeirós, fronte a un total de 857 homes sen traballo ao peche do pasado mes de maio. Destes, 501 están en Deza e 356 en Tabeirós.

2.151

Total

As dúas comarcas contan con 2.151 desempregados

1.401

Sector servizos

Son o groso do paro con 1.401 persoas sen traballo

1.299

Mulleres

Un total de 1.299 mulleres buscan emprego na zona