22 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O luns 3 de febreiro ás 18.00 horas terá lugar unha conferencia no edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero de Lalín sobre o impacto da pornografía en adolescentes. A charla será ofrecida por Lucía Pereda, educadora social e axente de igualdade. Está organizada por InteRed, en colaboración co Concello de Lalín. Os interesados deben inscribirse en igualdade@lalin.gal ou a través de 986 181 045