22 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Os responsables da Sociedade de Caza e Pesca de Lalín continuaron coa súa rolda de encontros para solicitar apoios co fin de pór en marcha o plan piloto para reducir os danos do xabaril. Nesta ocasión reuníronse con integrantes da Asociación Agraria de Galicia (Asaga), con quen tamén departiron sobre a necesaria reforma da lei de caza.