Plantación de alumnos do colexio de Prado no Sobreiral do Arnego

La Voz

LALÍN

26 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Alumnos do colexio Xoaquín Loriga de Prado (Lalín) participarán mañá luns nunha plantación de árbores autóctonas no Sobreiral do Arnego. Participarán nun percorrido por este espazo natural para coñecer as súas características e despois efectuarán a plantación, nunha iniciativa que promove Adega, asociación que custodia o Sobreiral do Arnego.