Esgotadas as entradas para ver á selección española en Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Alberto Estévez | EFE

11 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Federación Galega Balonmán de anunciou o mércores ao mediodía que as entradas para ver á selección española masculina de balonmán en Lalín estaban esgotadas. O partido, que se disputará o próximo 8 de maio no Area (21.00 horas), enfrontará aos Hispanos contra Serbia nun duelo clasificatorio para a Copa do Mundo do 2025.

As entradas saíron á venda fai seis días, esgotándose nun curto espazo de tempo, o que demostra a expectación por este partido oficial do combinado español na capital dezana. Os billetes tiñan un custo de 10 euros para adultos e 7 para menores.