Santiago gañou o título galego de seleccións comarcais, con tres futbolistas da zona nas súas filas

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Cedida

28 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A selección de Santiago alzábase co campionato galego de seleccións comarcais tras imporse este luns na Coruña na final ao combinado de Vigo por 2-0. Un título en categoría feminina sub-14 onde houbo protagonismo das comarcas, xa que nas filas compostelás estaban tres futbolistas que esta tempada militan no Victoria . En concreto trátase de María Lalín, Azucena Fidalgo e Ainhoa Castro.

Precisamente a estradense Ainhoa Castro exerceu como capitá do combinado compostelán, ademais de brillar a un gran nivel e situarse como pichichi da competición con tres goles, igualada cunha compañeira de equipo, Sonia Barbeito, que xoga no EFM Concello de Boiro. Destacou ademais o papel da porteira, María Lalín, que non encaixou ningún gol nin nas tres xornadas previas nin nas semifinais nin na final.

Nesa loita polo título ante Vigo cumpríronse os prognósticos, xa que se agardaba que ambos os equipos chegasen á final. A selección comarcal de Santiago chegou tras vencer por 2-0 ao Lugo. Como favoritas para a vitoria estaban as compostelás, aínda que lles custou dobregar ao rival. Sería Daniel Barbazán quen desnivelase o marcador a falta de quince minutos e no último segundo era Ainhoa Castro quen lograba o 2-0 finais.

Por outra banda, a selección comarcal compostelá masculina en categoría sub-11 quedou subcampioa tras perder con Vigo na final. Nas súas filas, Álvaro Silva e Lucas Eswuagu, da Escola Estrada Fútbol B agarra.