Adxudican a redacción dos proxectos para rehabilitar oito centros sociais do rural de Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

01 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A xunta de goberno local procedeu nestes días a adxudicar senllos contratos para a redacción dos proxectos básicos e de execución dos traballos de rehabilitación de oito centros sociais do rural de Lalín. Un dos contratos corresponde á elaboración do proxecto para os locais veciñais de Camposancos, Catasós, Moneixas, Santiso e Xaxán, cun custo de 12.733 euros. A Unión Temporal do Empresas Arco IG Calidade foi a única que presentou oferta e a adxudicataria.

O outro lote recentemente adxudicado en xunta de goberno local corresponde á redacción do proxecto básico e de execución para rehabilitar os centros sociais de Palio, Palmou e Selo. Neste caso será a mesma UTE a que se encargue de executalo cun custo fixado de 4.419 euros. Estas actuacións en locais sociais contemplan un investimento conxunto de 316.337 euros por parte do Concello.

Por outra banda, tamén se procedeu a realizar outro contrato vinculado a estas actuacións. Trátase da elaboración de informes geotécnicos previos ás obras neses centros sociais, cun custo de 1.700 euros.