Dotan de nova cociña ao colexio Xoaquín Loriga de Prado (Lalín)

La Voz

LALÍN

29 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O espazo Concilia do colexio Xoaquín Loriga de Prado acaba de estrear unha nova cociña, dotada con electrodomésticos e mobiliario. A actuación incluíu ao colocación de terrazo no chan. Ese equipamento permitirá ofrecer xantares e merendas quentes aos nenos. Ademais, a concelleira de Educación, Begoña Blanco, que onte acudiu ao centro educativo lalinense, destacou que acaban de comezar os traballos de remodelación integral do salón de actos. A actuación posibilitará incrementar o espazo do escenario, renovar a tarima ou colocar novas vantaxes, así como remodelar os baños ou substituír as luminarias. Un salón de actos que dá servizo tamén á Banda de Música de Prado.