Afundimento viario na rúa Wenceslao Calvo Garra

La Voz

LALÍN

Javier Benito

29 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hai días comezou a afundirse o firme ao redor dun rexistro de rede de sumidoiros na rúa Wenceslao Calvo Garra de Lalín. O problema vai indo a máis e xa se fixo necesario sinalizar ese punto, con valo e conos, para evitar que algún vehículo pesado póidase «coar» aí.