O BNG reclama a recuperación de especialidades médicas en Lalín e melloras en Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

08 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A candidata nacionalista lalinense, Ariadna Fernández, pon o acento nas deficiencias sanitarias existentes nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes e propón un plan urxente para racionalizar as listas de espera hospitalarias, pondo a funcionar «a pleno rendemento» os centros sanitarios públicos, a reapertura de camas hospitalarias clausuradas e a recuperación dos servizos pechados nos hospitais comarcais que evite a sobrecarga nos hospitais de referencia».

En Lalín, lembra que continúa a espera pola apertura do CIS e reclama «persoal, medios e recuperar especialidades que atendan as necesidades dos veciños e veciñas con dignidade». Lembra a loita do BNG tanto en Lalín como na comarca por «un servizo de ambulancia medicalizada que precisamos con urxencia» e que, apunta, «foinos negado sistematicamente a pesares das máis de 8.000 firmas recollidas». Quéixase de que Rodeiro, Agolada e Dozón só teñen pediatra un día á semana e Cruces e Silleda «comparten un día á semana», pedindo a ampliación en Lalín do servizo de pediatría durante as tardes. Aposta por un novo modelo sanitario «baseado nos equipos multidisciplinais de profesionais, suficientes en número e con condicións laborais dignas».

Entre as carencias en materia sanitaria na comarca apunta o centro de saúde de Agolada sinalando que «atópase dun estado imparable por falta de investimento nel durante anos» necesitando vestiarios, duchas e novo mobiliario.