O PP lalinense leva a pleno manter o mapa estatal de bus

La Voz

LALÍN

30 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Lalín defenderá no próximo pleno ordinario unha moción para reiterar ao Ministerio de Transportes que manteña o actual mapa de rutas estatais de autobús, así como todas as paradas existentes no municipio. Lembran que en xuño do 2022 xa se aprobou por unanimidade unha moción para solicitar ao Goberno central manter esas paradas lalinenses ante a pretensión de reorganizarse as rutas cunha reestruturación concesional dos servizos regulares que afectaría en Galicia a 23 concellos, entre eles Lalín, Silleda e Forcarei na zona. Consideran que ante a próxima aprobación da Lei de Mobilidade Sostible, se se cambia o mapa de rutas, os veciños de Lalín sufrirían un agravio comparativo.