A Seguridade Social pechou o mes de novembro con 90 afiliados menos na zona

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Baixou en 37 persoas na Estrada, 26 en Silleda e 10 en Lalín

15 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O mes de novembro non foi bo para o emprego. A Seguridade Social volveu rexistrar un descenso no número de cotizantes. Son 90 menos que en outubro, un mes no que a cifra de afiliados descendeu en 163 persoas. Ao peche de novembro contabilízanse 20.681 nas dúas comarcas: 13.905 en Deza e 6.776 en Tabeirós-Terra de Montes. Por concellos son 37 menos na Estrada, onde pasa de 5.611 a 5.574 e 26 menos en Silleda que queda en 3.647 fronte aos 3.673 que tiña en outubro. En Lalín son 7.105, 10 menos que o mes anterior.

O número de afiliados baixou en todos dúas persoas en Forcarei, que queda con 924; en 7 persoas en Agolada, con 497; en 3 en Dozón, con 328 e tamén en 10 persoas en Rodeiro, con 978 e son 6 menos en Vila de Cruces, que pecha novembro con 1.350. Só sobe, e faino en 10 persoas, en Cerdedo, que acada os 278 cotizantes e cuxos datos a estatística da Seguridade Social continúa recollendo de forma separada sen ter en conta a fusión con Cotobade. Por comarcas Tabeirós perdeu 29 afiliados e Deza, 61.

Un goteo contínuo

En cando ao número de autónomos, continúa o goteo continuo. Novembro deixa 20 menos na zona, 12 menos en Deza, con 4.783 e 8 menos en Tabeirós, con 2.088, o que fai un total de 6.871 na zona. Lalín perde 10 e queda en 2.193 e A Estrada conta con 9 menos quedando a conta en 1.658. En Cerdedo son 88, un menos, e en Forcarei, 342, 2 máis. Agolada suma un e chega a 258 e Dozón queda con 193 tras restar un. A cifra non cambiar respecto da de outubro en Rodeiro que segue con 469, mentres que Silleda suma 2 e chega a 1.097 e Vila de Cruces resta 4 e queda con 573.

O número dos traballadores por conta allea tamén descende e rexístranse 45 afiliados menos ao Réxime Xeral, 35 menos en Deza e 10 menos en Tabeirós. Son 13.171 en total, 8.693 en Deza e 4.478 en Tabeirós. Por concellos, a maior oscilación produciuse en Silleda con 21 menos, quedando en 2.438, e na Estrada con 3.730, 16 menos que en outubro.

Sobe, en cambio, en 11 persoas en Cerdedo, con 184 e en 2 en Lalín, que chega a 2.438. Son 5 menos en Forcarei, con 564; 218 en Agolada, con 7 menos e 126 en Dozón (-1), mentres que tamén sobe o número en Vila de Cruces que engade 3 á cifra de outubro llagando a 729.

En canto ao número de afiliados do Réxime de Fogar, Lalín conta con 91, A Estrada con 145 , Silleda con 68 e Vila de Cruces con 25. No Réxime Agrario as maiores cifras son as de 107 en Lalín, 44 en Silleda, 41 na Estrada e 33 en Rodeiro.

20.681

Total

O número total de cotizantes ascende a 20.681 na zona

6.871

Autónomos

Son 6.871 autónomos, 20 menos que en outubro