O IES Laxeiro de Lalín, o único que participa da zona no plan Innovatech FP

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

02 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa Innovatech FP promovido pola Xunta conta coa participación de 85 centros de toda Galicia, enfrontándose ao redor de 800 alumnos a través de equipos a unha decena de rectos para buscar solucións tecnolóxicas viables a propostas lanzadas por outras tantas empresas. Unha acción pioneira presentada onte en Culleredo polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na que tan só participa das comarcas o instituto Laxeiro de Lalín.

O IES lalinense deberá elaborar unha proposta ao reto exposto pola empresa Pérez Rumbao, vinculada ao sector do automóbil. En concreto expón o desenvolvemento de robots para a repartición de recambios en talleres de automoción. Ademais de está firma súmanse a este programa Viaqua, Diesemm, Finsa, Aceites Abril, O Polbo, L´Oreal, Roberto Verino, a Fundación San Rosendo e Naturgy.

Os desafíos expostos aos paticipantes en Innovatech FP buscan lograr un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural e que os alumnos adquiran novas habilidades, como traballar en equipo.